Online teaching



To use this application you need to install and activate Adobe Flash Player


Get Adobe Flash player .













































































































Repaso climas

Author: Nanín Castro Fraancisco
Description:
Keywords: , , , , , , online teaching

Content:
Quiz:
1. No clima continental as precipitacións son...
A) escasas e regulares.
B) en forma de neve no inverno.
C) son abundantes e regulares.
D) abundantes e irregulares.

2. O clima mediterráneo caracterízase por ...
A) ter invernos temperados e suaves e veráns calorosos.
B) ter invernos fríos e veráns calorosos.
C) ter invernos temperados e veráns suaves.
D) ter invernos temperados e suaves e veráns chuviosos.

3. As temperaturas baixas no inverno e frescas no verán son propias do clima...
A) oceánico.
B) continental.
C) mediterráneo.
D) de montaña.

4. nos vales do río Miño e do Sil dase un tipo de clima...
A) oceánico costeiro.
B) oceánico de interior.
C) oceánico de montaña.
D) oceánico mediterráneo.

5. Os elementos abióticos que compoñen a paisaxe son...
A) elementos vivos.
B) elementos non vivos.
C) a fauna e a flora.
D) a acción do home.

6. Na paisaxe oceánica...
A) abundan os arbustos e herbas aromáticas como o tomiño.
B) os eucaliptos son árbores autóctonas.
C) predominan os bosques de árbores de folla caduca.
D) predominan as árbores de folla perenne.

7. A influencia do ser humano na paisaxe de montaña reflíctese da seguinte maneira:
A) Son zonas moi poboadas por ter boas vías de comunicación.
B) son zonas pouco poboadas.
C) a xente traballa na industria.
D) a poboación vive en cidades.

8. A influencia do ser humano na paisaxe das Illas Canarias reflíctese da seguinte maneira:
A) A xente traballa na gandeiría e na explotación forestal.
B) A poboación vive en pequenas aldeas.
C) A ocupación fundamental é a agricultura.
D) O turismo é a actividade económica máis importante.

9. As terras baixas que están inundadas polo mar son
A) rías.
B) marismas
C) golfos.
D) baías.

.